25/01/2008

UN PRIMEIRO VIDEO NO AULA BLOGUE



Este é o primeiro vídeo e espero que haxa máis e de mellor calidade, está gravado nun momento da visita á biblioteca, máis que un momento é un suspiro, con todo algo vese.
Cando chegamos á biblioteca xa nos estaban esperando e saíron a recibirnos as tres bibliotecarias que nos guiaron toda a visita.
Como nos explicaran na carta que recibimos hai uns dias, adicaron a maior parte do tempo os libros de saber e coñecer, entre eles a un que describía o proceso da plantación do tulipán e os seus coidados, tamén nos agasallaron cunha maceta para plantar os bulbos. Contaron un conto e tod@as tivemos que axudarlles a escoller a etiqueta que lle correspondía a cinco libros que faltaban por clasificar.........menos mal que estabamos alí.
Logo un tempo para gozar con libros e escoller o préstamo para a aula, ou sexa que durante un mes imos ter 25 libros interesantísimos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Conta algo...